para el que quiera más:
Na reunión aprobouse tamén a Orde que regula a selección e o nomeamento dos funcionarios interinos. Na última revisión do borrador da Orde, CCOO mantivo en solitario, fronte á Administración e aos outros Sindicatos, o dereito dos interinos a solicitar en que bolsa se queren quedar tras a baremación das solici-tudes. Ao non aceptarse a nosa proposta, será, en definitiva, a Administración quen os coloque de oficio naquela bolsa na que teñan mellor posición. Situación idéntica produciuse coa petición de CCOO de que se puidese solicitar quedar en suspensión temporal na bolsa por estar a traballar noutras administracións públicas como funcionario interino. Na bolsa actual si está permitido. Segundo nos informou a Administración, o prazo para solicitar a incorporación ás novas bolsas abrirase ao redor do día 7 de xaneiro, tras a publicación da nova Orde no Diario Oficial de Galicia.
Os aspectos máis importantes da nova regulación son os seguintes:
Organización das bolsas - Bolsa de traballo e bolsa de reserva: Mantense o sistema da bolsa anterior e só se poderá estar incluído nunha bolsa.
- Vixencia das bolsas: Será de dous anos.
- Composición das bolsas En relación co ano 2004, as porcentaxes de persoas a nomear para formar partes destas bolsas mantivéronse no corpo de xestión e ampliáronse de maneira considerable no corpo de tramitación e auxilio xudicial, debido á incidencia nas mesmas das substitucións verticais entre titulares.
Requisitos para formar parte das bolsas
A novidade está en que para o corpo de tramitación deberá acreditarse experiencia no tratamento informatizado de textos e que se terá por acreditada respecto dos que nas dúas últimas bosas de-sempeñaron posto de tramitador ou xestor, así como os que superaron probas sobre o tratamento informatizado de textos en procesos selectivos para ingreso en calquera administración pública ou os que presenten certificación ou diploma recoñecido oficialmente.
Valoración dos méritos
- Oposicións Superación de exercicios da última oposición. Para os corpos de tramitación e auxilio 5 puntos por cada exercicio superado. Para o corpo de Xestión 3 puntos polo 1º exercicio, 3 puntos polo 2º exer-cicio e 4 puntos polo terceiro Superación da penúltima oposición. 2,5 puntos por cada exercicio superado na penúltima oposición. Por calquera exercicio superado nas tres últimas oposicións dos distintos corpos da Administración de xustiza, excepto se xa se valorou conforme os puntos anteriores: 1 punto
Os que aprobaran todos os exercicios da última oposición serán incorporados directamente á corres-pondente bolsa de traballo. - Tempo de servizos: 0,25 puntos por cada mes completo de servizo como funcionarios interino. (Computarase a antigüi-dade dende o ano 1992, ano da posta en funcionamento da bolsa de interinos) - Coñecemento da lingua galega Celga 4 ou similar, 0,50 puntos, Curso linguaxe xurídico medio, 0,70 puntos Linguaxe xurídico superior, 1,50 puntos. puntuación máxima 1,50 puntos. - Formación informática Licenciatura en informática: 2 puntos
Titulos de formación profesional de II ou III grao, especialidade en informática; diplomado en infor-matica: 1,7 puntos Cursos de informática, 0,010 puntos por hora, para os cursos con aproveitamento, e 0,005 puntos por hora para os cursos sen aproveitamento, ata un máximo de 1,5 puntos. Non se valorarán os cursos nos que non se acrediten as horas lectivas. Os cursos de igual ou similar contido só se computarán unha vez. - Cursos de formación continua relacionados coa Administración de Xustiza: 0,010 puntos por hora lectiva, no caso de cursos con aproveitamento. 0,005 puntos por hora lecti-va, no caso de cursos sen aproveitamento cun máximo de 1,3 puntos. Non se valorarán os cursos nos que non se acrediten as horas lectivas. Os cursos de igual ou similar contido só se computarán unha vez - Titulación académica 2 puntos pola Licenciatura en Dereito e 1 punto por Diplomado en criminoloxía, Relacións laborais, Xestión e administración pública, ou ter superado o primeiro ciclo da licenciatura en Dereito. Cun máximo de 3 puntos Cesamentos nas bolsas Cando se produza o cesamento dun funcionario interino pasará ao final da correspondente bolsa, agás cando non acumulase 180 días de traballo que quedará, dentro da bolsa, no mesmo lugar que tiña antes do seu nomeamento. No caso de que nun mesmo órgano xudicial existiran varios interinos, a incorporación dun titular o a finalización dun reforzo suporá o cesamento daquel que fora nomeado en data máis recente, agás que houbera funcionarios interinos que levasen máis de 18 meses destinados no órgano, que cesará este último. A estes efectos, para o cómputo dos 18 meses tomarase como data inicial a entrada en vigor da nova bolsa. A incorporación á bolsa farase de oficio e os cesamentos comunicaranse polas delegacións provin-ciais aos interesados. Outras novidades - Información A administración comprometeuse a colgar na páxina web da Xunta de Galicia e na Intranet os lista-dos e a súa actualización e a buscar a maior transparencia posible. - Cambio de domicilio Dentro de Galicia e con motivo do traslado de domicilio ou por interese do propio interesado, conce-derase o cambio a outra bolsa provincial do mesmo corpo, por unha soa vez.
-Zonas de preferencia As bolsas seguirán a ser provinciais pero poderá optarse por zonas de preferencia dentro de cada unha, o que permitirá renunciar ao posto de traballo ofertado se non coincide coa zona solicitada, manténdose nese caso no mesma posición na bolsa.
Provincia de Pontevedra:
Zona 1 comprende: Pontevedra, Caldas de Reis, Vilagarcia de Arousa, Cambados, Marín, A Estrada e Lalín. Zona 2 comprende: Vigo, Cangas, Redondela, Ponteareas, Tui e O Porriño.
Provincia de Ourense:
Zona 1 comprende: Ourense, O Carballiño, Ribadavia, Celanova e Bande.
Zona 2 comprende: Ourense, Xinzo de Limia, Verín, A Proba de Trives e O Barco de Valde-orras.
Provincia de Lugo:
Zona 1 comprende: Lugo, Viveiro, Vilalba, Mondoñedo e A Fonsagrada.
Zona 2 comprende: Lugo, Chantada, Sarria, Becerreá e Monforte de Lemos.
Provincia de A Coruña:
Zona 1 comprende: A Coruña, Betanzos, Carballo, Ferrol e Ortigueira.
Zona 2 comprende: Santiago de Compostela, Ordes, Arzúa, Negreira, Corcubión, Muros, Noia, Ribeira e Padrón.
- Curso de formación Na convocatoria establecerase a obriga de realizar un curso de formación ( dous meses de duración) por parte daqueles integrantes das bolsas de interinos que non teñan completado, polo menos, seis meses de servizos como funcionarios interinos no respectivo corpo. - Regularización Coa entrada en vigor da Orde, procederase á regularización dos funcionarios interinos nomeados en bolsas anteriores e que non cumpran o requisito de titulación esixido na Lei orgánica do Poder Xudi-cial.